Novas

 

Mel de Galicia inscríbese no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

O Diario Oficial da Unión Europea publicou a inclusión da IXP Mel de Galicia no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e Indicacións Xeográficas Protexidas (Regulamento (CE) Nº 868/2007 da Comisión do 23 de xullo do 2007).

- Renovación CCRR. Novo órgano de goberno.

Ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, convocado pola Orde do 3 de agosto de 2007 da Consellería do Medio Rural (Doga nº 156 do 13 agosto de 2007), os vogais elixidos e proclamados pola Xunta Electoral Central e que forman o actual pleno do consello regulador son :

Vogais do sector produtor:
Elías Álvarez Nogueira.
José María Seijo Coello.
Senra, Sociedade Cooperativa Galega representada por Miguel Anxo Méndez López.

Vogais do sector industrial:
Miguel García Carballo.
Meles Anta, S.L. representada por David Corral Pombo.
Meles Outeda, S.L. representada por Rogelio Outeda Barreiro.

Vogais do sector cooperativo:
José Manuel Docampo Riveiro.
Anxo Prado Costas.
Isabel Fachal Pereira.

Este órgano superior de goberno no pleno constitutivo procedeu á elección do presidente e vicepresidente. O nomeamento publicouse na Orde do 10 de xaneiro de 2008 (Doga nº 11 do 16 de xaneiro de 2008) sendo as persoas que ocuparán ditos cargos:

Presidenta: Mª Ester Ordóñez Dios.
Vicepresidente: José María Seijo Coello.

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org