O Noso Mel

O Mel de Galicia é un produto natural e fresco que se produce de xeito artesanal dende hai centos de anos.O coidado e as atencións que se poñen na súa elaboración permítelle ó mel conservar as súas propiedades xenuínas.

tarros

En Galicia gozamos dun clima especialmente benigno con abondosa choiva ao longo de todo o ano. Estes factores, ademais das características especiais dun solo granítico e da influencia dos ventos e dos aires mariños, dan lugar a unha flora rica e variada, que permite tanto a produción de mel monofloral como a dun amplo abano de mel de milflores. Os colmeares galegos son pequenos e déixanse mimar con esmero polo apicultor. Conséguese así a calidade nos procesos de extracción e envasado do produto que nos caracteriza.
Este mel acóllese a I.X.P."Mel de Galicia" e leva como selo de garantía a contraetiqueta identificativa propia.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia