Beneficios e conservación

 

O mel é un producto moi nutritivo e con importantes características terapéuticas. Apórtalle ó organismo azucres simples de fácil asimilación, proteínas cunha boa parte de aminoácidos esenciais, oligolementos (coma o fósforo, o sodio, o potasio e o ferro) e vitaminas. A súa capacidade enerxética é ben coñecida. O mel é un alimento completo que proporciona unha resistencia maior en casos de cansazo, e dende o punto de vista terapeútico mellora as afeccións respiratorias, dixestivas, das vías urinarias... Presenta propiedades antisépticas e sedativas que melloran a cicatrización de feridas e a rexeración da pel, polo que é común o seu uso como cosmético.

mel

O mel debe conservarse en lugar fresco, seco e escuro para non acelerar o seu envellecemento. É un producto que adquire con facilidade cheiros doutros productos e que tamén se humedece axiña, polo que debe conservarse ben pechado e en botes limpos. O mel pode amosar diversas formas de presentación, aínda que a máis habitual é que o faga envasado en estado líquido en botes. Con todo, tamén se pode ver nos propios favos, sen separar dos panais, para comelo enteiro. Ademais, polas súas características, o mel tende a volverse cremoso e denso e pode chegar mesmo a cristalizar. Este é un estado perfectamente habitual do mel, e cando se presenta desta forma segue conservando tóda-las súas propiedades nutritivas e terapéuticas. Pódese licuar a baño maría suave se se prefire consumir líquido.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia