I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

2º Clasificado:
Farid Farid Martínez

Escalopiños confeitados en mel e pasas

INGREDIENTES: 750 g lombelo de terneira galega, 3 cebolas, 300 g uvas pasas, 3 dl Mel de Galicia, 1l aceite de oliva, 40 g manteiga, 2 ramas de menta fresca, 1Kg patacas , 1 porro, 1 cenoria, 1 cabaciña, 1 pemento verde, 1 pemento vermello, sal, pementa, noz moscada.

01_co_01

Limpamos a carne e cortámola en rodaxas de aproximadamente 1 cm de grosor e espalmámolas. Nunha sartén aparte pochamos as cebolas picadas previamente en brunoise fina coa menta.
Cando estea ben pochada pasámolo todo pola batidora ou termomix e reservamos. Facemos un pisto coas verduras picadas finamente nunha tixola, sazonamos e reservamos. Nun sauté de doble asa poñemos ó lume a manteiga xunto con aproximadamente 2 dl de aceite. Cando a mantequilla se derreta engadimos os 3 dl de mel e a cebola triturada. Mentres espesa un pouco a mezcla salpimentámola carne ó gusto e a marcamos na plancha. Introducímola carne e deixamos a lume medio que se confite outros 10 minutos. Fritimos as patacas cortadas todas do mesmo tamaño. Do porro previamente blanqueado retiramos unhas tiras ó largo e as ablandamos en auga quente. Xuntamos de 3 a 4 patacas e as atamos con éstas. A carne xa está a punto e despois de facer as flores coas cenorias e o calabacín só queda montar o plato.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia