I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
María Elena Salgueiro López

Solombo de porco sobre compota de cebola ao mel, crocante de pan ás finas herbas e mazá caramelizada

INGREDIENTES: 2 unidades 1/2 kg solombo de porco, 3 cebolas, Mel de Galicia c/s, 2 mazás, 1 dl viño branco, 1 dl aceite de oliva, finas herbas c/s (perexil, perifol, ceboliño e estragón), 4 rebandas pan de molde, 1 dl leite, sal Maldón c/s, 50 g manteiga, romeu fresco c/s.

01_co_01

Compota de cebola ao mel: nunha sauté cun pouco de aceite cocemos a cebola a lume lento e engadirémoslle auga pouco a pouco. Cando case estea, botarémoslle dunha a dúas culleradas de mel, rectificaremos de sal e deixaremos cocer un pouco máis. Pasarémolo por un pasapuré e espesarase con maicena, de ser necesario. Reservar.
Mazá caramelizada: nunha sauté introduciremos as mazás cortadas en cuartos e un chisco de viño. Meter ao forno e, cando estean, botar unha cullerada de mel. Caramelizámolas a lume lento.
Tellas ás finas herbas: nunha caldeira esmiuzaremos o pan de molde e engadiremos as finas herbas con leite. Machucarémolo, untaremos nun silpat e introduciremos no forno.
Solombo: farémolo á prancha. No momento de servir, cortarémolo nesgadamente e salgamos con Maldón.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia