I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Francisco Xavier Ferreiro Zas

COLMEA DE RAVIOLI CON PREBE DE VIEIRAS E MEL

INGREDIENTES: Pasta fresca: 125 g fariña, 2 ovos, sal c/s, 4 follas de grelos. Puré de alletes trufados: 50 g pasta trufa, 300 g patacas, 1l leite, 5 dentes de allo. Salsa vieiras e mel: 7 vieiras, 500 g Mel de Galicia, 250 cl viño branco, 1 laranxa, 500 cl aceite oliva, 2 cereixas vermellas, 2 vaíñas de vainilla, 150 g maicena express.

01_co_01

Partimos dun volcán con fariña, ovos e sal, engadindo unha pasta de grelos (previamente escaldado e pasado por termomix). Xuntar, amasar e facer pasta compacta. Pelar patacas e meter en rondón con leite e allo. Deixar cocer e pasar termomix. Amasar a pasta e cortala en porcións pequenas, reenchelas con puré de allo trufado e formar paquetiños. En cazo pequeno e auga escaldar os raviolis, secar e en tixola e confeitar en aceite vainilla. Nun cazo pequeno, espremer a laranxa con viño branco e deixar reducir con vieiras, pasar pola termomix e polo baruto. E nun cazo pequeno botar azucre con mel e vainilla, deixar reducir ata formar o caramelo e facer forma de colmea. Colocar crocante de mel e vainilla no centro do prato, rodeado de paquetiños de raviolis e o prebe a unha beira do prato.

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia