I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
José Miguel Fente Hermida

Bocadiños de cordeiro con prebe de Vía romana e fondue de queixo con glacé de mel

INGREDIENTES:250 g chuletiñas de cordeiro con pau, 2 patacas, 2 ceboliños, 75 g manteiga, aceite de oliva c/s, Vía Romana c/s, fondo branco c/s, 10 g maicena, 100 g Queixo de Arzúa-Ulloa, 2,5 dl tona, 100 g Mel de Galicia, 25 g azucre, ourego c/s, pemento c/s, 25 g sésamo, sal fina c/s, sal maldón c/s.

01_co_01

Pelar a pataca e lavala. A continuación, laminar na máquina cortafriames moi finiña. Engraxar un molde con manteiga e forralo con pataca. Sazonar con sal e unha raia de pementón. Esparexer o sésamo e premer na pataca para que se fixe. Introducir no microondas durante un par de minutos. Retirar e desmoldar. Abrillantar esta galleta con mel. Reservar para presentación. Sazonar as chuletas con sal maldón e, a continuación, nun sauté cun pouco de aceite marcar as chuletiñas. Retirar. No zume extraído restante engadimos o Vía Romana. Deixar reducir e engadir fondo branco. Por último, incorporar maicena diluída en fondo branco. Nunha cunca, mesturar Queixo de Arzúa-Ulloa e tona. Nun sautê reducir ata que quede unha mestura homoxénea. Engadir un chisco de ourego e unha cullerada de mel.
No centro do prato colócanse as chuletiñas de cordeiro co pau cara a arriba. Entre as chuletiñas colócase o crocante de pataca. Nun lado, colócase o prebe de Vía Romana e sobre esta a fondue de Queixo de Arzúa-Ulloa. Remátase o prato co ceboliño.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia