I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Ramón Velez París

BAVAROISE DE MEL PERFUMADA CON FLOR DE ROMEU CON LARANXAS AO NATURAL, IOGUR E FRAMBOESA

INGREDIENTES: Bavaroise, 3 colas de peixe, 50 g Mel de Galicia, 75 g xemas, 325 g tona, 125 g leite, 2 flores de romeu. Prebe de iogur e framboesa: 50 g de framboesas, 1 iogur. Biscoito
tenro choco: 100 g améndoa en po, 100 g azucre en po, 60 g fariña, 175 g claras, 150 g cobertura de choco, 150 g manteiga. Mazá con mel: 1 mazá, 20 g Mel de Galicia. Crocante: 75 g azucre, fariña, noz, 75 g cacahuete, 1 ovo, 1 xema, 20 g tona.

01_co_01

Bavaroise: facer unha crema inglesa co mel, unha infusión coa flor de romeu e engadir a xelatina para que se derreta. Engadir a tona semimontada e colocar en aros.
Prebe: triturar nunha termomix o iogur e a framboesa. Reservar na neveira.
Biscoito: montar as claras cun pouco de azucre, engadir o resto e, por último, a manteiga fundida.
Mazá: cortala en bavaroise e caramelizar con mel.
Crocante: mesturar todo e reservar na neveira 30 minutos. Por último, cocer.
Decorar con pistacho, laranxa e granadas.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia