I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Gonzalo Castro Calvo

BOMBÓN TENRO DE CHOCOLATE E MEL QUENTE

INGREDIENTES: 225 g chocolate fondant, 350 g manteiga, 275 g azucre, 5 ovos, 5 xemas de ovo, 135 g fariña, 100 g azucre lustre, 100 g Mel de Galicia. Natillas: 1⁄2 l leite, 4 xemas de ovo, 200 g azucre, 25 g Mel de Galicia, 50 g maicena.

01_co_01

Mesturar azucre lustre con 10 g de fariña. Engadir o mel quente e 100 g de manteiga fundida. A metade metela en cilindros de 2 cm e conxelar. Co resto, facer o crocante de mel no forno. Derreter o chocolate e a manteiga ao baño maría. Engadir os ovos, as xemas, o resto da fariña e o azucre.
Traballar ata conseguir unha pasta homoxénea. Deixar repousar
no frigorífico.
Untar con manteiga a placa do forno e aros de 10 cm de diámetro polo seu interior. Facer dentro do aro unha pequena base de pasta de chocolate, introducir a pastilla de mel conxelada e engadir máis chocolate. Facer dous bombóns de diferente tamaño. Enfornar 15 minutos a 180º C. Servir quente.
Natillas: ferver o leite e o mel. Mesturar as xemas, o azucre e a maicena. Verter o leite sobre a mestura e pasar por un baruto. Levar a nova ebulición.
Sobre o prato poñer a natilla e os dous bombóns, un bañado parcialmente con natillas, cortando o outro á metade para que o mel líquido se mesture. Colocar sobre os bordes dúas ou tres espirais de crocante de mel. Adornar con tomiño mollado e pasado por azucre. Manchar con mel.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia