I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Gañador:
Alexander Larrea Ereño

OVO DOCE DE MEL

INGREDIENTES: 100 g callada, 100 g tona, 1 g xelatina, 40 g Mel de Galicia, 160 g xemas, 125 g Mel de Galicia, 0,50 l leite, colorante alimentario de ovo c/s, 2 xelatina, 100 g tona, 60 g noces peladas, 25 g Mel de Galicia, 25 g glicosa.

01_co_01

Mouse de mel: poñer a quentar o leite. Mesturar as xemas e o mel, coalo e engadirllo ao leite. Manter por debaixo dos 85º C movendo durante 3 minutos. Engadir as colas de peixe rehidratadas (xelatina) e disoltas nun pouco de tona quente. Remover ben e descender de temperatura o máis rápido posible.
Semimontar a tona. Coa crema a temperatura adecuada, engadir a tona. Refrixerar para que adquira consistencia.
Mouse de callada: mesturar a callada co mel e montar a tona. Disolver a xelatina nun pouco de tona quente e engadir o aparello. Cando a tona estea semimontada, integrámola con movementos envolventes. Refrixerar ata que adquira consistencia.
Noces garrapiñadas: facer un caramelo coa mesma proporción de mel e glicosa. Caramelizar as noces para, posteriormente, trituralas coa axuda dunha termomix.
Nun lado do prato, colocar unha bola de mouse de mel con forma de xema de ovo. Napámolo co mouse de callada. Facer unha incisión no centro, de maneira que se vexa o mouse de mel.Ao outro lado do prato, poñer un trazo de noces garrapiñadas decoradas cunha folliña de menta.

 

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia