I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
José Carlos Repolés Ros

BISCOITO XEADO E CORTiZA DE MEL DE GALICIA CON FOLLADO DE FROiTAS

INGREDIENTES: 1l xemas pasteurizado, 1l claras pasteurizado, 250 g tona, 1⁄2 cullerada de brandy, 242 g azucre, 85 g Mel de Galicia, 1 plátano, 4 amorodos grandes, auga c/s, 4 espaguetes, 25 g chocolate, flor de romeu c/s, 50 g manteiga, 15 g fariña, 50 g azucre lustre.

01_co_01

Biscoito xeado: montar as xemas nun recipiente temperado sen callar, engadir o mel temperado con suavidade. Engadir o brandy. Bater a tona sen montar, coa metade de azucre, engadir as xemas e montar a clara a punto de neve co resto do azucre. Verter nun molde recuberto de papel filme e meter no batedor.
Follado de froitas: facer un xarope coa auga e o azucre, cocer a froita ao dente; primeiro o plátano e despois os amorodos enteiros. Montar o follado (plátano, amorodo...). Picar cun espaguete partido en dous, previamente cocido no xarope anterior e frito en aceite. Decorar as súas puntas con chocolate fundido e caramelo da concentración do xarope da froita.
Prebe: Pasar os amorodos sobrantes, cocidos en xarope, pasamos pola termomix.
Cortiza de mel: mesturar manteiga fundida, fariña e azucre lustre, quentar o mel, verter sobre a mestura e bater. Estender sobre papel siliconado e cocer a 180º a 10 minutos, sacar e darlle forma.
Sobre un prato de presentación branco, na metade do follado picar os espaguetes, ao lado poñer o biscoito xeado e encima a cortiza de mel. Botamos o prebe de amorodos.

 

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia