I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Miguel Iglesias Rodríguez

MINIBISCOITO CON SEMIFRÍO DE TURRÓN

INGREDIENTES: Biscoito: 275 g fariña frouxa, 250 g azucre, 150 g xemas, 225 g claras. Semifrío de turrón: 50 g turrón Jijona brando, 100 g claras, 5 g xelatina, 275 g tona (35% graxa). Xeado de mel: 500 ml leite, 100 g tona, 220 g Mel de Galicia, 10 xemas, 50 g azucre, 50 g de azucre invertido.
Crema pasteleira: 10 ml auga, 240 g azucre, 1/2 limón, 10 g maicena, 3 xemas. Xarope: 500 g azucre, 500 ml auga, 100 ml licor de Cointreau, 1 rama de vainilla, 1 limón, 50 g de cobertura de chocolate branco e 50 g de cobertura de chocolate negro.

01_co_01

Biscoito: montar as claras a punto de neve con 200 g de azucre e engadirlle a mestura de xemas con 50 g de azucre. Barutar a fariña e xuntar as mesturas pouco a pouco. Poñer a masa nunhamanga, depositar nunha lata con papel consistente.
Enfornar a 230º C.
Semifrío de turrón: mestúranse as claras, o turrón, o azucre e engadimos a xelatina previamente escorrida. Quéntase sen que supere os 60º C e engádese a nata removendo suavemente.
Xeado de mel: branquéanse as xemas con azucre e mestúrase con leite e nata. Engádese o mel e o azucre invertido pasteurízase e logo conxélase. Consérvase a -13º C.
Cortamos o biscoito en dous, previamente emborrachado con xarope. Introducimos unha parte nun molde ovalado, recubrímolo de semifrío de turrón e colocamos a outra parte. Déixase no conxelador e, unha vez duro, quítase do molde. Recóbrese por encima de crema pasteleira e quéimase con soprete. Botar nun prato, acompañando
cunha bóla de xeado de mel e decorándoo cun baño de chocolate.

 

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia