I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

FINALISTA:
Alicia Frigola Espinosa

SOLOMBO AO MEL CON MILFOLLA DE MAZá E CREMA DE QUEIXO CON NOCES

INGREDIENTES:375 g solombo de tenreira, 90 g mel, 60 g azucre, 125 g queixo Philadelphia, 70 g queixo Gorgonzola, 20 g xamón curado, 30 g tomate cherry-pera, 72 g cabaciña, 80 g foie, 30 g nata, 30 dl viño Oporto, 100 g noces, 75 g allo,
270 g mazá golden, unhas gotas de limón, viño branco.

01_co_01

Solombo: sofrítense tres dentes de allo, engádese un chorro de viño branco, déixase reducir e incorpóranse tres culleradas sopeiras de mel de Galicia. Colócase o solombo na bandexa do forno e énchese coa salsa. Cocíñase a 180o C ata dourar o solombo.
Salsa de foie: derrétese nunha tixola o foie, engádese un chorriño de Oporto e déixase reducir. Incorporar nata líquida e reducir.
Milfolla de mazá: córtanse catro toros moi finos de mazá e sécanse no forno xunto con tres liscos de xamón curado. Prepárase unha crema de queixo, para o que se derrete no microondas queixo Gorgonzola que logo se mestura con queixo Philadelphia. Córtanse en anacos medianos 40 g de noces e mestúranse co queixo, incorpóranse na manga pasteleira e resérvase esta mestura. Móntase unha capa de mazá enriba da crema de queixo e uns cachiños de xamón curado, e remátase cunha capa de mazá.
Compango de cabaciña e tomate cherry: córtanse dous tomates pola metade e fáiselles unha base. Córtanse tres rodas de cabaciña e tornéanse. Salpeméntase e pásase pola prancha. Móntanse os tres toros de cabaciña e medio tomate enriba de cada un.
Tella de mel: faise caramelo con 60 g de azucre, unhas gotas de limón e un pouco de auga, engádese unha cullerada de mel e disponse sobre papel sulfurado formando unha tella, déixase repousar ata que solidifique.
Presentación do prato: colócase o solombo cunhas noces picadas e a tella de mel enriba. Faise un cordón coa salsa de foie. Como gornición colócase a milfolla de mazá e os compangos de cabaciña e tomate.

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia