I Concurso Gastronómico Galego con la participación de los alumnos del C.I.F.P. Compostela.

Finalista:
Javier Cancelo Bermúdez

CROCANTE CON BÓLA DE XEADO DE MEL

INGREDIENTES: 3 dl mel de Galicia, 3 dl leite, 1 unidade xema de ovo, 2 dl nata, 25 g leite po, 55 g glicosa, 90 g améndoa picada gran, 80 g auga, 125 g azucre, fondant.

01_co_01

Crocante: elabórase fondant, férvese auga, glicosa e azucre ata o seu punto. Trabállase en mármore. Lévase a ebulición o fondant xunto coa glicosa e a auga. Engádese améndoa. Deposítase unha cullerada sopeira da mestura no molde de cuncha de Santiago. Enfórnase a 160oC 18 minutos.
Xeado: ponse a ferver o leite, a nata e o leite en po. Xúntanse as xemas e o mel e engádense na mestura anterior. Cócese a lume suave. Arrefríase e conxélase.
Péganse as cunchas e ponse unha bóla de
xeado dentro.
Decórase un prato con mel e améndoa picada. Ponse o crocante en forma de vieira.

 

 

 

Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org

Logo_MAGRAMALogo_FEADERLogo_XuntadeGalicia