Inscrición
Para inscribirse no Rexistro de Produtores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é necesario que:
As colmeas, mínimo de 10 de cadros móbiles, estean situadas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
Se remita a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada onde inclúa:
- Unha fotocopia do D.N.I. do titular da explotación apícola ou do C.I.F. no caso dunha empresa.
- Unha copia do Rexistro de Explotación Apícola.
- Xustificante de pago da taxa de inscrición.
Os titulares inscritos declararán ao consello regulador a través da declaración de produción, o número de quilos obtidos, tipo de mel estimado, situación do colmear catado e cantos datos se consideren oportunos para o adecuado control das producións.
Para inscribirse no Rexistro de Instalacións de Extracción, Almacenado e/o Envasado da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia é necesario que:
- A industria estea situada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e só poderá entrar mel procedente de explotacións inscritas no Rexistro de Produtores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia.
- Se remita a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada acompañada da seguinte documentación:* Fotocopia do D.N.I. do titular da planta ou do C.I.F. no caso dunha empresa.
* Documentación acreditativa da persoa responsable da empresa.
* Fotocopia do n° de Rexistro de Sanidade
* Fotocopia do n° de Rexistro de Industrias Agrarias.
* Plano e breve descrición da capacidade da maquinaria e aparatos da planta
* Xustificante de pago da taxa de inscrición.
Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida "Mel de Galicia". Pazo de Quián, s/n. Sergude. 15881 Boqueixón. A Coruña. Tel/Fax. 981511913 / info@mieldegalicia.org